Páx. 13
Actualmente todas as plantas de tratamento de residuos están situadas no norte. É evidente que hai que dar unha solución aos residuos do sur, mais non compartimos o anuncio da Consellería de crear un “macro-polígono industrial do lixo”, que eufemisticamente chaman “Parque Medioambiental de Galiza”. Leváronse a cabo propostas como a creación de plantas de compostaxe comarcais e rexeitáronse outras técnicas como a incineración tradicional. O Ribeiro debe ter a súa planta de compostaxe, o mesmo que Vigo, Pontevedra e Ourense, pero Carballeda de Avia non é o lugar axeitado para o tratamento de refugallos industrias, xa que non garda a distancia regulamentaria ás poboacións, ademais de estar xusto ao carón da captación de auga potábel de Ribadavia.
CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo
Páx. 48 - 50
O lixo é o claro exemplo da insustentabilidade da sociedade occidental. Unha cultura dificilmente se pode autoproclamar avanzada, cando non é capaz de tirarlle rendemento á multitude de recursos "sobrantes" en que converteu numerosas materias primas logo do seu uso. Pola contra, poderíase denominar a cultura da ineficiencia ou do desbaldimento.Pensar que o problema do lixo está solucionado por haber catro contentores nas rúas e outros tantos no fogar é unha ilusión que non nos podemos permitir. Cando sexamos quen de ir reducindo paulatinamente a nosa produción de residuos até o mínimo e darlle novas oportunidades a cada unha das fraccións, poderemos dicir que a cousa vai no bo camiño. Entón,esa capacidade permitiranos afirmar que vivimos nunha sociedade avanzada e moderna.
Páx. 10
O CEIDA e a Consellaría de Medio Ambiente organizaron unhas xornadas de sobre a xestión de residuos urbanos onde se presentou o novo borrador de Plan de Xestión de Residuos, inda que o plan recibiu críticas por ser centralizador, nun tema que ten demostrado a súa eficacia cando as plantas de tratamento de residuos son de menos tamaño, e dada a distribución da poboación galega que invita a desenvolver por comarcas esta tarefa, tamén recibiu eloxios por avanzar cara a sostibilidade.
Páx. 40 - 41
Pinturas, vernices, frigoríficos, restos de podas, aceites de motor, colchóns, lámpadas fluorescentes, computadoras son algúns dos residuos domiciliarios que non deben botarse nos colectores de recollida selectiva. Algúns poderían coller por espazo pero non o deberían facer pola súa composición. Aínda que teñan un baixo impacto, ao xuntalos, podemos crear auténticas bombas químicas. Por esta razón débese xestionar separadamente en puntos limpos. Dos tóxicos xa nos ocupamos na CERNA 42, desta volta centrarémonos no crecente lixo electrónico.
CERNA Nº 61 - Lei do solo: Legalizar a especulación
Páx. 39
ADEGA organizou unhas xornadas de formación facendo dúas visitas a plantas de compostaxe, a primeira a empresa Ecocelta de Ponteareas e a segunda a Fertilizantes Lourido de Crecente. Nestas plantas explicouse o proceso que seguen para elaborar o compost e cales son as materias primas que usan.
CERNA Nº 62 - O lixo en Galiza: Máis incineración?
Páx. 10 - 12
A Xunta vén de presentar o borrador do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia 2010-2020 (PXRUG), no que se presentan os resultados da actual xestión e propoñen obxectivos para un horizonte de dez anos. Entre estes, destacarían unha redución do 10% do lixo e unha reciclaxe do 35%, e algunha nova planta de compostaxe. Mais os obxectivos de prevención, recollida selectiva e mellorada xestión en xeral non contan cos medios e financiamento necesarios: destinase a prevención o 2,2% do investimento e a plantas de tratamento o 81,9% do investimento, a maior parte para unha nova incineradora. Coa nova planta do sur, a capacidade de“valorización enerxética” pasaría das actuais 366.000 t de combustíbel derivado de residuos a unhas 656.000 t/ano, o que atinxiríao 85% dos residuos combustíbeis totais.