CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 20-24
Neste artigo, preténdense dar algunhas pautas prácticas para evitar a acumulación de gas radon nas vivendas ou edificios rehabilitados ou de recente construción, así como medidas de eliminación do gas nas demais vivendas afectadas. Son técnicas que demostran a súa eficiencia en exemplos prácticos sinalados polo director do Laboratorio de Gas Radon de Galiza.
CERNA Nº 70 - Reforma eléctrica contra as enerxías renovábeis
Páx. 25-28
O aumento do uso das novas tecnoloxías desde finais do século XX é unha realidade estendida en todo o mundo que nos facilita en grande medida a nosa vida cotiá. Sen embargo, o emprego da tecnoloxía sen fíos non está exenta de polémica na maioría dos países onde amplos sectores das máis altas institucións de científicos de todo o mundo están atopando incrementos importantes de enfermidades leves e graves, e cuestiónanse se poden relacionarse co incremento notábel dos niveis de radiacións electromagnéticas (REM). A continuación, suxerimos unha serie de cuestións arredor desta problemática.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 15
Coincidindo case coa rapidísima Declaración de Impacto Ambiental positiva da Consellaría de Medio Ambiente para a explotación mineira de ouro pola compañía canadiana Edgewater Corporation, a SociedadeGalega de Historia Natural ( SGHN) tivo acceso a un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns. A información publicada en dito artigo é da maior relevancia para a rigorosa avaliación dos efectos ambientais da mina de ouro. As concentracións de arsénico disolto nas augas do río Anllóns aumentan 2,1 veces ao atravesara zona de arsenopiritas na zona mineira de Corcoesto até acadar os 3,96 microgramos/litro, achegándose ao límite inferior dos ríos europeos contaminados e á metade do máximo admitido para augas potábeis establecido pola Unión Europea, a Axencia de MedioAmbiente dos EEUU e a Organización Mundial da Saúde. Máis información, no interior do artigo.
CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man
Páx. 26-29
Sobre a invisíbel contaminación electromagnética da rede eléctrica (alta tensión, subestacións, transformadores) e das radiofrecuencias (telefonía móbil, teléfono sen fíos –DETC-, Wi-Fi, Wimax, contadores intelixentes e demais dispositivos sen fíos),chégannos cada vez máis evidencias dos seus efectos biolóxicos e adversos, alertando do risco en múltiples patoloxías e do aumento de casos de persoas electrohipersensíbeis. Distintos axentes sociais ao longo de toda Galiza veñen denunciando, desde hai máis dunha década, o caótico despregamento destes dispositivos sen niveis de precaución que antepón os intereses económicos (dos grandes lobbys das compañía eléctricas e da telecomunicación) aos criterios de saúde. Denuncian o incumprimento do Principio de Precaución recollido na Lei Xeral de Saúde Pública, especialmente no ámbito da infancia e da mocidade. Lembremos ademais que a Organización Mundial da Saúde (OMS) catalogou este tipo de campos electromagnéticos como posíbeis axentes causantes de cancro (grupo 2B).
Páx. 32-33
O debate acerca do uso dos lodos de depuración na agricultura é unha realidade internacional. Desde o punto de vista de reutilización e o tratamento axeitado dos lodos, a aplicación ao terreo ten importantes vantaxes, xa que é considerada unha opción moi segura, unha alternativa ao uso de fertilizantes inorgánicos, e moi beneficiosa na restauración de solos. Por outra banda, grupos de consumidores, veciños e agricultores consideran que a seguridade no uso dos lodos é incerta ou mesmo causa situacións de grave risco ambiental e sanitario. A permisiva e confusa normativa actual e a falta de transparencia na xestión non axudan a clarificar esta situación.
Páx. 34
A falla de planificación na xestión de lodos de depuradora e de plantas de tratamento específico no noso país está a fomentar nos últimos anos as queixas de comunidades de veciños afectadas polos vertidos directos dos lodos de depuración nas terras de cultivo e nos montes. Veciños das parroquias próximas ao lugar dos depósitos néganse a soportar os fortes cheiros que se desprenden dos lodos tras o seu vertido, e dubidan das consecuencias que estas prácticas poidan ocasionar, en termos de contaminación, sobre os terreos e sobre os acuíferos dos que se abastecen.