Páx. 31-34
Ela puxo voz á nosa conciencia colectiva. Á nosa rabia, á nosa impotencia e ás nosas ansias de superación. Ela foi a embaixadora do berro unánime do noso país no Obradoiro e Lariño pasando por Bruxelas, Madrid, Xaén ou Murcia. Uxía Senlle, voceira da Plataforma cidadá Nunca Máis, reúne nas súas palabras sen ambaxes ese timbre melancólico e á vez enérxico, denuncia de quen sabe que aínda queda moito por facer. Di lembrar nitidamente o momento en que se iniciou a traxedia. Como esquecelo. O 19 de Novembro de 2002, o día en que o Prestige afundiu, Uxía Senlle cumpría anos. Ela empezaba un novo ano de vida per nunca imaxinou que este fose tan transcendental. Recoñece que, durante este nove meses á cabeza de Nunca Máis, houbo momentos duros con ganas de abandonar. Pero nunca o fixo. Ela soubose voz de milleiros de persoas que entón clamabamos na rúa e seguiu adiante. Di non arrpentirse de nada e sentencia: "Non o volveremos a permitir"
Páx. 38-40
A Asociación ADEGA, a FEG e outras entidades de defensa ambiental responderon coordinadamente á catástrofe do Prestige e mobilizaron todos os seus efectivos nesta tarefa, que se viu compensada pola mobilización xeral da sociedade e multiplicada polos miles de voluntari@s nas máis diversas tarefas relacionadas coa traxedia que a Galiza viviu no último ano. Neste breve artigo facemos balanzo do traballo de ADEGA co voluntariado, no amplo contexto dun voluntariado que atinxiu a todos os sectores da soceidade galega, coordinado na Plataforma Nunca Máis, do que son exemplo claro os numerosos coelctivos formados para a ocasión, como a Plataforma contra Burla Negra, o Colectivo de artistas plásticos, O colectivo de sanitarios, o Colectivo científico... A todos eles o noso recoñecemento.
Páx. 41
Ao final, aínda vai ter razón nalgún sentido un coñecido cazador vilalbés que afirmou a respecto da catástrofe do Prestige, aquilo de "no hay mal que por bien no venga". Cando menos iso da para pensar a auténtica eclosión de literatura, música e arte galega que se ten producido nos últimos meses, desde o aciago Novembro de 2002. Os andeis das nosas bibliotecas teñen de facer sitio desde entón a unha nutrida fornada de novos volumes que surxiron da indignación, da consternación e do desexo de que nunca máis aconteza outra hecatombe ecolóxica diante das nosas costas, no noso mar.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 33
Nunca Máis e Burla Negra, en colaboración con ADEGA, organizaron unha saída ao litoral galego para dar a coñecer a situación actual dos ecosistemas litorais a aqueles xornalistas de medios que así o desexaran. Así, unha pequena excursión saiu de Santiago o pasado 14 de Novembro en dirección Carnota e Fisterra. Concretamos a situacióna topada despois dun ano da catástrofe do Prestige.
CERNA Nº 40 - Especies invasoras
Páx. 34-37
Os problemas medioambientais cos que se enfronta o ser humano poden e deben ser abrodados desde o ámbito da ética. Cada vez máis, ao rastrexar nos documentos de ecólogos, científicos sociais, etc, pode verse como establecen o recurso ao elemento moral como relevante, cando non o único posíbel, deseño de saída á crise das relacións entre os seres humanos e o medio natural. Expresado doutro xeito, as cuestións derivadas da crise medioambiental non poden ser resoltas única e exclusivamente a través da "ciencia ecolóxica", senón que ademais debe de tratarse a toma de conciencia dos problemas coma un tema de capital importancia, e a asunción colectiva de responsabilidades fronte a eles coma unha meta a acadar.
CERNA Nº 41 - Especial: Urbanismo
Páx. 11
Os veciños dos barrios aledaños ao porto da Coruña levaron durante tempo unha loita, paradigmática pola súa perseverancia, para rematar os problemas de contaminación que porducían as descargas de carbón a ceo aberto. Durante cinco meses, todos os xoves, un importante número de persoas afectadas manifestábanse de nove ás dez da noite no mirador dos Castros. Os resultados, agora, están á vista.