Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " /> Cerna, revista galega de ecoloxía e medio ambiente de ADEGA, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia. Democrática, independente e sen ánimo de lucro, traballa en defensa do medio ambiente galego e global do que depende a nosa calidade de vida dende hai máis de 25 anos. " />

Artigos de Auga e ríos. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA.

ACTUALIDADE: Navia de Suarna: 50 anos de encoros

Joam Carmona

CERNA Nº 10 - -

Páx. 2-3

Falar de Vavia de Suarna é falar dos encoros, pois a súa historia nos últimos 50 anos, atópase ligada aos mesmos que, sen chegar a construirse, xa provocaron o atraso e empobrecemento de toda unha ampla comarca, chea de vida e riqueza noutrora. Recentemente, o MOPTMA ven a autorizar o proxectado encoro de Suarna, ao que os veciños seguen manifestando a súa total oposición.

AUGAS TERMAIS: Augas medicinais galegas. Unha historia ecolóxica

Fausto Galdo

CERNA Nº 10 - -

Páx. 8-10

A formación xeolóxica do chan galego, as terras máis antergas da Iberia, son as responsables da grande riqueza en fontes de augas mineiro-medicinais na Nosa Terra. Coñecidas desde sempre, foron utilizadas polos romanos, colleron pulo no século XIX para morrer pouco despois da Guerra Civil. Cambios estructurais de senso empresarial poden axudar a facelas retoñar adaptadas as esixencias da actualidade.

INFORME: Sistemas de tratamento biolóxico integral de efluentes residuais en conservas Calvo

Manuel Soto Castiñeira

CERNA Nº 3 - -

Páx. 19-28

Conservas Calvo ten a súa fábrica situada nas aforas de Carballo, na marxe dereita do río Anllóns, dedicada principalmente a conservas de atún. Nesta fábrica orixínanse grandes cantidades de augas residuais, na que o contaminante principal é a materia orgánica que contén. Para eliminar o contaminante, chegouse un acordo con Calvo para instalar na factoria un reactor piloto experimental.

ACTUALIDADE: As medias verdades científicas sobre o desastre ecolóxico do Mar Exeo

Manolo R. Bermejo

CERNA Nº 6 - -

Páx. 3-4

Os que estamos pola defensa do medio ambiente non podemos esquecer o desastre ecolóxico acontencido desde o encallamento do petroleiro Mar Exeo ós pes da Torre de Hércules. De entrada sinalar que a verdade é decote máis revolucionaria ca mentira.

MÁIS ACTUALIDADE: O Plan Hidrolóxico Norte I e a calidade das augas e os ríos

Redacción/CERNA

CERNA Nº 5 - -

Páx. 27-28

O presente artigo recolle o Plan Hidrolóxico Norte I, os obxectivos dos Plans Hidrolóxicos, unhas pinceladas da lexislación ambiental e os criterios de calidade para a vida dos peixes.

MÁIS ACTUALIDADE: A situación do río Miño. Máis encoros

Xoan Carlos Carreira Pérez

CERNA Nº 5 - -

Páx. 29-30

O río Miño é sen dúbida un dos patrimonios naturais máis importantes e frear o seu deterioro parece fundamental. Non só é ben natural, senón que del sumínistrase auga potable á cidade de Lugo. Outro tema á orde do día son os proxectos de encoros sobre os que amplía información este artigo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal