Páx. 12-13
A perfecta adaptación desta frondosa caducifolia autóctona a solos esqueléticos posibilita a súa plantación nas ladeiras dos montes con terreos de escasa profundidade e degradados polos lumes, a erosión ou os procesos de acidificación.
Páx. 16-17
Desde o ecoloxismo sempre defendemos que os incendios eran produto dunha determinada política florestal, por tanto, mudar esa política é indispensábel para solucionar este problema.
Páx. 12-13
Poderíase dicir que o castiñeiro é unha árbore que non precisa de presentación entre nós, pois tal é a sua significancia e integración na nosa cultura, paixase e identidade rural dende xa o tempo dos romanos. Persiste o debate sobre se foron eles os introductores da especie en Galicia pero non cabe dúbida que foron os entusiastas do seu cultivo ó longo das principales vías de comunicación do Imperio.
CERNA Nº 81 - Emerxencia climática
Páx. 29-31
O Couto da Eirexiña é un proxecto de custodia do territorio que abrangue 172,66 hectáreas localizadas no monte comunal de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade, e que ten como finalidade a conservación do bosque autóctono e a promoción dos valores naturais e culturais do monte comunal e da parroquia. O acordo de custodia asinouse entre a Comunidade de Montes de Rebordelo e ADEGA co fin de levar a cabo actividades de educación e voluntariado ambiental e guiar, por parte da entidade ecoloxista, nas prácticas de rexeneración e restauración do bosque autóctono e a posta en valor do patrimonio material e inmaterial da comunidade.
Páx. 31-32
Coñecido co nome común de piñeiro bravo ou piñeiro do país, tamén recebe os nomes comerciais de piñeiro galego, piñeiro negral e piñeiro das Landas. O piñeiro bravo é unha árbore de gran importancia ecolóxica e económica no noso país. Ten importancia o seu papel reconstructor e protector de ecosistemas, a súa madeira como materia prima e tamén o papel de elemento xerador de rendas complementarias ás da agricultura e gandeiría para ós propietarios do medio rural galego.
Páx. 28
Nunha serie de artigos publicados en "La Voz de Galicia", Romay Beccaría, ex-conselleiro de agricultura, gandería e montes, expuxo a súa visión do fenómeno incendiario na Galiza. No artigo publicado o 26 de Maio fixo unhas graves acusacións, cunha feble argumentación, inculpando como causantes da maioría dos incendios do país a organizacións incendiarias que pretenden o cambio da política forestal. Aínda que, curándose en saúde, o autor expón " Yo no digo, ni mucho menos que los grupos que reclaman cambios en la política forestal tengan que ver con las organizaciones incendiarias", todo o razonamento posterior parece indicar o contrario. Este artigo foi enviado por ADEGA a "La Voz", como contestación ao artigo de Romay, os responsábeis do xornal non estimaron oportuna a súa publicación.