Revista CERNA

Artigos de Desenvolvemento sustentábel. Revista CERNA, medio ambiente e ecoloxismo da man de ADEGA

Achegamento á bioconstrución

Juan Bello Llorente e Carolina Martínez García

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 19-21

Entendemos a bioconstrución como a forma de construír respectuosa coa vida. Imaxinando varias circunferencias concéntricas, as máis pequenas representan a vida das persoas vinculadas á construción, desde o proceso construtivo aos usuarios finais, seguidas por outras un pouco máis grandes como a saúde do contorno en diferentes graos de proximidade, e a que rodea a todas sería a saúde do planeta no seu conxunto. Falar de bioconstrución é falar de construcións sas e ecolóxicas.Eses dous requisitos son imprescindibles. Ademais é preciso potenciar o respecto pola saúde, xa que o termo “ecolóxico” emprégase con frecuencia, sen ningún tipo de reparo, adaptado ás máis diversas necesidades de xustificación mercantilista. Por iso, aspectos como o aforro enerxético non deben ser os únicos parámetros para definir un traballo de bioconstrución.

MOV3 Galicia viste consciente: cara a moda galega sostible

Nanda Couñado

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Páx. 15-17

Amarante Setem e a deseñadora María Almazán impulsan un movemento galego que loite pola moda sostible no país e por xeitos de produción e comercialización respectuosos co medio ambiente e coas persoas. O movemento denomínase "MOV3 Galicia viste consciente".

O impacto socioeconomico do proxecto mineiro de Corcoesto

Xoán R. Doldán García

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 16-17

O profesor de Economía Aplicada na USC, Xoán R. Doldán, analiza as consecuencias da explotación da mina de ouro de Corcoesto desde un punto de vista socioeconómico. No seu artigo, explica como a Xunta de Galiza favorece os obxectivos empresariais, minusvalorando ou desatendendo os custes ambientais e sociais. Dá conta de como a Administración está a centrar a atención nos elementos positivos, sobredimensionándoos, nun contexto social degradado ou en crise, procurando conseguir maior aceptación social. Porén, segundo o profesor, os efectos da mina sobre a economía local poderían hipotecar o futuro da comarca, como se explica neste artigo.

Os máis afectados. Testemuñas en primeira persoa

Carmen Bardanca

CERNA Nº 69 - Charcas con Vida: os pequenos humidais na túa man

Páx. 18-19

Na análise dos impactos da potencial mina de ouro de Corcoesto, recollemos a testemuña de 5 veciños e veciñas da comarca de Bergantiños afectados por este proxecto. De primeira man, relatan a súa situación e as consecuencias nefastas que a explotación aurífera de Edgewater suporía para as súas vidas. Recolle as testemuñas Carme Bardanca, membro da Plataforma en defensa de Corcoesto.

Os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR)

Branca Villares

CERNA Nº 54 - Viaxe ao Bidueiral de Montederramo

Páx. 39

Neste artigo dáse a coñecer o novo mecanismo de funcionamento do GDR ou grupos de desenvolvemento rural (antigo Grupo de Acción Local). O GDR a través do programa europeo LEADER, busca a descentralización das políticas de desenvolvemento rural, e a participación social. Para iso AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) propón unha nova configuración dos GDR con unha menor participación institucional e unha maior presencia de asociacións ligadas ó ámbito rural.

Núcleos piloto de sostibilidade, “Progresan Adecuadamente”

Belén Rodríguez

CERNA Nº 57 - Transporte: O tren de proximidade

Páx. 38 - 40

Foi no Cumio da Terra de Río de Janeiro onde se acadou o convencemento de que o modelo de desenvolvemento adpotado ata o momento polas cidades tiña que mudar cara a sostibilidade, é dicir, cara a outro modelo que conseguise preservar os recursos naturais sen prexudicar o desenvolvemento social e económico. O equilibrio de intereses entre estes tres factores, ambiental, económico e social está a ser o grande reto das actuais políticas sectoriais e globais do planeta. A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostíbel da Consellería de Medio Ambiente é a encargada, no ámbito galego, de levar a cabo decisións e tomar medidas encamiñadas á consecución deste grande reto. Unha das medidas xa postas en marcha en Galiza desde o 2006 e que intenta trasladar ao eido local as premisas de carácter global foi a creación dos núcleos de sostibilidade.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal