CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 44-46
"Eólicos si pero non así” é unha das frases máis repetidas ultimamente no concello da Baña. Quere isto dicir que a veciñanza deste municipio está en contra dos eólicos? Obviamente, non. Non estamos en contra das enerxías renovables nin dunha transición enerxética que coide o noso planeta. É mais, defendemos a calidade da nosa contorna, pero opoñémonos ao abuso que se está a cometer sobre o noso territorio por parte da Administración galega e das empresas enerxéticas.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 47-49
Socias de Tarabelada, asociación cultural e ambiental de Castro Caldelas, e integrantes da Coordinadora Eólica Así Non, expoñen a súa visión de como é vivir nun lugar "idílico" como a Ribeira Sacra e das ameazas que poñen en risco a súa preservación, con especial atención aos proxectos eólicos.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
Páx. 50-51
Tres xuristas de diferentes ámbitos dan resposta ás preguntas que nos facemos con respecto ás posibilidades de frear a instalación de proxectos eólicos na nosa terra. Concretan, entre outras cuestións, recomendacións a nivel legal para as plataformas veciñais e colectivos sociais afectados.
CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II
A Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza, ADEGA, promoveu un ciclo de 5 mesas redondas sobre enerxía eólica e os seus impactos no noso territorio. Análise, debate e reflexión déronse cita para abordar as posibles consecuencias da actual enxurrada de proxectos eólicos que se está a tramitar tanto nos organismos da Xunta como do Estado. O artigo recolle o resumo dalgúns dos relatorios.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 25-28
Os impactos ambientais da construción e do uso dos edificios son moi altos. Fronte a edificación convencional, a bioconstrución é unha forma respectuosa co medio ambiente e a saúde das persoas. Busca a eficiencia nun sentido amplo. Recentemente, aprobouse un cambio normativo que afecta á obra nova e segue uns criterios similares nas rehabilitacións polo que se tende aos inmobles de baixo consumo de enerxía. En paralelo, as administracións están a promover a rehabilitación enerxética de edificios para facer fronte á crise climática. Estas actuacións deben ter unha visión global e atender a todos os impactos ambientais para que se traduzan nunha mellora real na calidade das edificacións e na redución das emisións de carbono.
CERNA Nº 85 - Especial Vaga Eólica I
Páx. 38-39
Galicia estivo inmersa nun modelo de desenvolvemento eólico intensivo desde comezos da década dos 90 do pasado século. Tras unha sucesión de variada normativa, constatouse unha actuación extremadamente produtivista e unha situación de case invisibilidade para os propietarios dos terreos, entre outros axentes. Na actualidade, estase a desenvolver un proceso intenso de solicitude de instalación de parques eólicos, que aumenta a falta de aceptación social para con estas instalacións. Neste artigo faise unha reflexión sobre os elementos que debería ter un novo modelo eólico para Galicia, para garantir os beneficios que pertencen a todos os actores implicados e gañar en aceptación social, minorando o impacto ambiental.