Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 18 - -
Páx. 2-3
Como tódolos anos a Consellería de Sanidade fai público un informe sobre a calidade das augas nas praias galegas, tanto as de litoral como as fluviais. No artigo analízanse entre outras cousas, os criterios que se empregan para dotar a unha praia da bandeira azul e as accións de educación ambiental que se poden levar a cabo para resolver os problemas de mala calidade das augas.
Páx. 4-5
O Concello de Dodro está a sofrer a ameaza e a incertidume dun proxecto de infraestructuras que a Xunta non da definido, mostrando pola contra un abano de posibilidades que só fixo ata agora enfrontar intereses e deixar á marxe a valoración dos bens comúns que están en xogo na construcción do que se debía entender como servizo público. Inclúese ademáis un pequeno artigo referido ó río Lagares no que unha canalización mal proxectada produciu un gran impacto no leito.
Páx. 6
O 9 de xuño en Compostela celebrouse o último acto a favor da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) antes de ser debatida no Parlamento. A manifestación convocárona asociacións ecoloxistas, sociais e políticas, entre que as que se encontraban ADEGA, o BNG e CC.OO. entre outros.
Páx. 7-8
O Pleno do Parlamento Galego, cos votos do PP e do PSOE, rexeitou a toma en consideración da Proposición de Lei de Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola reducción, a reutilización e a reciclaxe e contra a incineración do lixo e dos residuos tóxicos e perigosos, a ILP que recibiu maior apoio social até hoxe no noso país. Só os deputados e deputadas do BNG votaron a favor.
Páx. 9-11
Analízase a problemática referida á degradación medioambiental da marxe oeste da ría de Aldán-Hío (Cangas), da que xa se ten coñecemento dende hai anos. Refírese a tensión entre as partes dependendo dos intereses, neste caso, os veciños que fixeron as súas construccións fóra da lei e os colectivos e administracións que tentan reparar o dano.Inclúese ademáis un artigo respecto ás axudas por parte da Xunta ás plantacións de eucalipto e outro pequeno apunte referido ós vertidos de cloro ós ríos procedentes das piscinas, neste caso a de Compostela e Monterroso.