Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 21 - -

Primavera - Verán 1997

CERNA Nº 21 - -

Artigos da revista CERNA Nº 21

Sumario

Cerna/Redacción

Páx. 3

Guía de contidos da revista.

Editorial: Déficit democrático na política ambiental

Cerna/Redacción

Páx. 4

Reflexión respecto ós avances na xestión do lixo e a problemática de SOGAMA e a nova Lei galega sobre o lixo, promulgada pola Xunta.

O teu Buzón

Cerna/Redacción

Páx. 5

Inaugúrase esta nova sección en Cerna como espazo que brinda a oportunidade de poder colaborar directamente a través das cartas dos lectores. Admítense denuncias medioambientais, opinións sobre a revista, críticas e aplausos ao ecoloxismo galego, propostas de actuación, reclamacións á Administración... Nun máximo de 30 liñas.

Ríos para a terra: Galiza, a terra de mil ríos

Antonio Sandoval

Páx. 6-8

Análise en profundidade sobre os ríos de Galiza e a súa degradación e algúns dos seres vivos relacionados con este entorno, facendo especial fincapé en tres especies animais: a papuxa cabecineira, a lontra e o salmón.

Ecoloxía e sindicalismo

Tensi Álvarez Folgar

Páx. 9

O ecosindicalismo, unha acción sindical que integre a problemática ambiental, non se pode basear só nos intereses da especie, senón tamén nos intereses sociais a curto prazo, fundamentalmente o emprego.

Manolo Rivas: conservador do medio ambiente

Carme Vidal

Páx. 11-13

Entrevista ó escritor Manolo Rivas no que reflexiona, entre outras cousas, sobre a "estafa" que supón o proxecto de incineración da Xunta que vai converter a "Galiza nunha especie de rede arterial de transporte do lixo", ademáis de propoñer o traslado de ditos temas á ONU.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal