Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 29 - -
Páx. 12-13
A contaminación luminosa é un novo xeito de polución na sociedade de consumo. Para un grande número de habitantes residentes en núcleos urbanos é case imposible a contemplación do ceo estrelado por mor da contaminación lumínica que se produce nas vilas e cidades.
Páx. 14-16
Non pretendo neste breve artigo enumerar e analisar o longo repertório de impactos ambientais, de distinta natureza, que orixinan as minicentrais hidroeléctricas. Todos eles atopan-se dende hai tempo perfectamente tipificados e existen ademais centos de publicacións científicas, á vez que recentes monografías de carácter divulgativo, nas que o leitor interesado poderá atopar esa información.
Páx. 17
A Coordinadora dá conta da continuidade do procedemento de autorización para a construción de 12 encoros no río Ulla.
Páx. 18- 21
Camiñamos entre o Tromentelo e arrecende o monte a primavera. As oliveiras das hortas e os érbedos do matos lucen tenros brotes novos que contrastan coas follas máis vellas. Unha anduriña dáurica voa sobre un aciñeiral. Compre buscar a sombra dunha gran sobreira.
Páx. 22-23
O roteiro percorre parte de catro concellos da Comarca de Ordes polos que pasa o río Lengüelle:Ordes, Tordoia, Trazo e Oroso. O río Lengüelle que nace na serra de Montemaior, recolle as augas dos regatos da bisbarra de Ordes para tributa-las ó Tambre, no linde sur desta comarca.