Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 38 - -

Primavera 2003

CERNA Nº 38 - -

Artigos da revista CERNA Nº 38

Agresións á Rede Natura 2000

Xabier Vázquez, Martiño Nercellas

Páx. 23-26

Analizamos o impacto e contaminación das áreas LIC da costa galega. Máis alá dos propios vertidos de fuel, a retirada destes axentes contaminantes, da lugar a un maior deterioro destas áreas que camiña da man coa intervención humana sobre o espazo, movida por lavados de cara que promoven un beneficio sobre o uso e ocupàción dos espàzos, máis alá do benestar ambiental.

Plan Galicia

Xan Duro, Xosé Veiras

Páx. 29-31

O 26 de xaneiro aprobouse o Plan Galicia para o impulso e expansión de GZ Un plan impreciso, feito ás presas sen diálogo e sen participación social, que procura ante todo un impacto mediático e propagandístico para conter o desgaste político dos gobernos do Partido Popular pola súa nefasta xestión ante o Prestige. Este amosa outra nova marea destrutora do noso ambiente, neste caso de cemento, formigón e asfalto. O mellor do Plan é a súa escasa credibilidade. O movemento ecoloxista non reclama a súa aplicación, senón un desenvolvemento ecoloxicamente sustentable e socialmente xusto.

Voluntariado

Adela Figueroa Panisse

Páx. 33-34

Analízanse as consecuencias do Prestige, o feito de tirar por terra a área de traballo e desenvolvemento de milleiros de galegas e galegos. De aí a necesidade de poñer fin a esta situación e intentar revertila na medida do que nas nosas mans sexa posible.

Chapapote no teatro

Comba Campoy

Páx. 35-36

Como unha forma de rebeldía e autoxestión das reivindicacións, o teatro Rosalía coverteuse na escea dunha gala cargada de posicionamento social ante o Prestige e a xestión das problemáticas que este trouxo consigo. O chapapote cubriu o escenario de principio á fin.

A loita pola paz na Galiza

CERNA

Páx. 37

A Coordinadora galega pola paz, constituída por máis de 30 organizacións da sociedade civil galega, entre elas ADEGA, fixo pública a súa oposición radical á barbarie que supuña a invasión militar de Iraq e promoveu as multitudinarias mobilizacións que tiveron lugar en Galiza, ao igual que noutras partes do mundo, os pasados días 15 de Febreiro, 15 de Marzo e 6 de Abril, así como numerosas mobilizacións en vilas e cidades de Galiza convocadas pOlas distintas coordinadoras comarcais.

Por petróleo mátase

Xosé María García

Páx. 38-39

O petróleo lévanos alegremente cara o abismo dunha crise global ecolóxica da que derivarán múltiples enfermidades, mortes e conflitos por mor da perda de colleitas e terra fértil, a escaseza de auga, o gran número de contaminantes, as catástrofes naturais...e un longo etcétera que analizamos brevemente no seguinte arquivo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal