Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 49 - Especial:...
Páx. 25-27
A Sociedade Galega do Medio Ambiente, instrumento operativo ao servizo da política ambiental que fixa a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galiza, abre novos horizontes para a xestión ambiental da nosa Comunidade. Abrindo novos horizontes con actividades orientadas á protección, conservación e mellora do medio ambiente.
Páx. 28-30
A Lei 7/85 de Bases de Réxime Local atribúe no seu atirgo 26.2 b),d e forma xenérica aos municipios de xeito obrigatorio, a recollida, transporte e a eliminación dos residuos urbanos. Ao mesmo tempo, a Lei de Residuos obriga aos municipios de máis de 5.000 habitantes a implantar sistemas de recollida selectiva. O que a Lei de Residuos non explica é o que hai que separar nese modelo de recollida selectiva pero, do conxuntoi normativo existente dedúcese un modelo que penaliza, en último termo, á compostaxe. Rompendo unha lóxica autosustentable, de aproveitamento de recursos, de aforro de materias primas e de ruptura cos sistemas hexemónicos de tratamentos residuais.
Páx. 31-33
Dende o ano 1990 a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA investiga a sitaución e problema-tica das especies mariñas na Galiza. Sobre todo dos cetáceos. Amais de manter un rexistro dos exemplares varados, procura a reintrodución e recuperación dos que aparecen vivos, mantendo un firme seguimento das poblacións. Empréganse diferentes mecanismos e recursos para esta labor, como por exemplo a Rede costeira de avistamentos, os Días de observación costeira de cetáceos, os 53 puntos de observación costeira, as Campañas en barcos pesqueiros , de pasaxe ou específicas.
Páx. 34-35
O pasado 20 de Xuño, o Parlamento de Galiza aprobou por unanimidade o texto definitivo da "Iniciativa Lexislativa Popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos", despois de ser tomada en consideración pola Cámara o 21 de Febreiro deste ano grazas aos votos á favor do BNG e PSOE. O PP, que nun principo se amosou remiso a apoiar esta proposición de lei, acabou por aceptala tras algunha modificación do texto orixinal. A ILP dos ríos convértese así na primeira proposición de lei de vontade popular e de carácter ambiental que se aproba en toda a historia parlamentaria de Galiza. Coa súa participación no DOG nº 137, entrou en vigor coma "Lei 5/2006, do 30 de Xuño, para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos".
Páx. 36-37
Entre o 14 e o 23 de Xullo tivo lugar o I Encontro Itinerante Interríos - Galiza 2006, organizado polo proxecto Ríos de ADEGA. Durante 9 días persoas de Galiza e Portugal percorremos o país, coñecendo algúns dos máis importantes ecosistemas fluviais galegos e facendo diversas actividades (coma roteiros, rafting, piragua, etc.) arredor deles.
Páx. 38-39
Temos na Galiza especie única, que só existe nesta parte do mundo; un endemismo, que diría unha ecóloga. Este ten a peculiaridade de habitar nas persoas, establecendo con elas o que chamaríamos: relación simbiótica: precísanse entre si apra existiren, malia que non na mesma medida, xa que este organismo non é quen de vivir sen os humanos, mentres que estes si poden sobrevivir sen o seu hóspede, substituíndoo por outro de características semellantes. O endemismo atópase en perigo de extinción e é labor da poboación mantelo vivo, a través da fala.