Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 72 - Recheos nas...

Outono 2014

CERNA Nº 72 - Recheos nas praias

Artigos da revista CERNA Nº 72

Recursos 72

Ramsés Pérez

Páx. 4

Se estás interesad@ en que divulguemos na revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA algún libro, CD, revista, película, documental, etc., ponte en contacto con nós no seguinte enderezo electrónico: ramses@adega.gal, indicando ‘Recursos Cerna’. Consulta as nosas recomendacións desta edición.

A contaminación industrial declarada de Galiza

Ramón Varela

Páx. 5-8

En outubro de 2014 fixéronse públicos os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR-España) sobre as emisións á atmosfera, auga e solo de substancias contaminantes das principais industrias e outras fontes puntuais e difusas, correspondentes ao ano 2012. As industrias e complexos (varias instalacións co mesmo emprazamento e co mesmo titular) están obrigadas a notificar neste rexistro da orde de 100 substancias contaminantes incluídas no Regulamento da ComunidadeEuropea (CE 166/2006) e Reais Decretos (RD 508/2007), das cales 60 considéranse contaminantes atmosféricos relevantes. A notificación tense que realizar sobre determinados umbrais de emisión fixados con anterioridade e o titular debe indicar se os datos que comunica están baseados en medicións, cálculos ou estimacións. A información pública que ofrece en rede o Rexistro PRTR-España, aínda con certo atraso –case dous anos-, moitas veces é incompleta e non sempre fiable, porén moi valiosa para coñecer, analizar e valorar as emisións e mesmo comparar as de Galiza con respecto ao Estado.

Efectos do deitado de area sobre as praias

Xandro García e Anxo Mena

Páx. 9-11

As administracións públicas queren resolver os estragos producidos nos areais galegos polas borrascas do pasado inverno a golpe de recheo. Pero ignoran ou queren obviar os efectos negativos que estes deitados de area provocan nas nosas praias. Ao tempo, pasan por alto a relación que existe entre a presión urbanística do litoral e a intensidade dos danos provocados na costa polos temporais, conseguindo así desenfocar o problema de fondo.

As bolsas de plástico: comercio e morte en silencio

Marie Lacassagne

Páx. 12-13

As características moleculares do plástico (fabricado a base de petróleo) fan que tarde entre 100 e 500 anos en descomporse. Por esta razón, algúns dos impactos ambientais que provoca son unha paisaxe nefasta e o impedimento da libre circulación da auga, provocando ás veces inundacións e, outra veces, enfermidades graves. Ademais o 80% do lixo mariño é plástico. E aínda por riba, está no teu prato! En efecto, xa se incorporou á cadea trófica a través doutros seres vivos que o inxeriron, e algúns morreron de paso. De feito, nos Emiratos Árabes a metade dos camelos e dromedarios falecen por comer plástico.

IV Seminario de Composta en Red

María Lafuente

Páx. 14

Unha vez máis ADEGA participou no IV Seminario de Composta en Red, rede da cal é socia, para compartir experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. O obxectivo deste foro é impulsar, fomentar e promocionar políticas para a compostaxe doméstica e comunitaria, dado o importante papel que estas poden desempeñar na redución dos residuos orgánicos.

MOV3 Galicia viste consciente: cara a moda galega sostible

Nanda Couñado

Páx. 15-17

Amarante Setem e a deseñadora María Almazán impulsan un movemento galego que loite pola moda sostible no país e por xeitos de produción e comercialización respectuosos co medio ambiente e coas persoas. O movemento denomínase "MOV3 Galicia viste consciente".

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal