Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 11 - -

Verán 1994

CERNA Nº 11 - -

Artigos da revista CERNA Nº 11

Editorial

Cerna/Redacción

Reflexión sobre diversos temas de natureza medioambiental que afectan á sociedade: o incremento da artificialidade do entorno, o impacto do Plan de Costas sobre as mesmas, a homoxenización que supón as concentracións parcelarias, así como a contaminación que produce a incineración de residuos promovida pola Xunta.

Sumario

Cerna/Redacción

Páx. 1

Guía de contidos do número da revista.

ACTUALIDADE (I)

Cerna/Redacción

Páx. 3

- As augas de baño na Galiza. A Consellería de Sanidade ven de facer público o resultado do Programa de Control e Vixianza Sanitaria das Zonas Naturais de Baño. Os positivos datos das praias mariñas contrastan có estado deficiente da maioría das augas fluviais.- Vertidos e urbanización contra o río Miño. Parece incomprensible que nunha conca sen nengún núcleo industrial, a auga do Miño chegue a Lugo inservible para a potabilización.

ACTUALIDADE (II)

Cerna/Redacción

Páx. 4

- Éxito rotundo da marcha polo peche da celulosa en Pontevedra: o pasado 19 de xuño, máis de 6.000 persoas confluiron diante da factoría da Celulosa para reclamar o peche definitivo do complexo contaminante de ENCE-ELNOSA.- Manifestación en Lugo contra o Encoro de Navia: maís de 3.000 persoas asistiron en Lugo á manifestación convocada pola Coordinadora Antiencoros do Navia, o pasado 5 de xuño.

ACTUALIDADE: Autovías; desfeita ecolóxica planificada

M. Soto e E. Rodríguez

Páx. 5-6

A política de transporte que se está a aplicar dende a segunda guerra mundial, e de forma acelerada e libre de toda cortapisa durante os últimos anos, constitúe un dos factores de deterioro ambiental planificado máis significativos. Os rasgos desta política antisocial e antiecolóxica vívense de forma dabondo máis acusada na Galiza para resaltar as diferenzas. Inclúese ademáis un artigo referido á inversión da Xunta de 600 millóns de ptas. para instalar dúas fábricas de conservas de R.S.U. na Galiza.

ACTUALIDADE: O meio ambiente no Parlamento

Cerna/Redacción

Páx. 7-8

Cada día se presentan máis temas ambientais ao Parlamento, sempre da man dos grupos políticos da oposición, e case sempre rexeitados pola maioría que sostén o goberno da Xunta. Aínda así, algunhas propostas son aprobadas ou, como no caso do Encoro no río Navia, tradúcense en acordos unánimes que poden ser decisivos para o futuro da comarca. Preséntase a continuación unha relación de actividades parlamentarias, que pode ser de sumo interese para o seguimento do traballo dos/as nosos/as representantes na defensa do meio ambiente.Inclúese ademáis o artigo de opinión titulado: A prostituçao da paisagem terra sã homem são.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal