Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 15 - -
Páx. 1
Presentación do número da revista e índice de contidos.
Páx. 2
Análise da marcha en contra da incineración que se desenvolveu dende o treito que separa a Térmica de Meirama do centro urbano de Cerceda. Nela participaron, ademáis dos veciños e veciñas da zona, xente da Plataforma contra a incineración de Ordes e grupos ecoloxistas da Federación de Agrupacións Culturais Galegas, dos CAF, de Galiza Nova, da CIG, de CC.OO. e do BNG.
Páx. 3
Como noutros casos xa denunciados, os intereses que a administración pon en xogo á hora de construir ou mellorar as infraestructuras viarias non sempre coinciden coas necesidades das poboacións locais. Pero éstas a miúdo se converten en elemento de manipulación por parte de administración á hora de presentar os actuais plans de infraestructuras como imprescindibles para o país e para o seu desenrolo.
Páx. 4
A iniciativa de ADEGA, 63 grupos de distintos países europeos téñense manifestado en contra do trazado proposto polo Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente no tramo que vai de Baralla a Becerreá, e que destruiría grave e irreversiblemente o Canón e o Val de Neira.Inclúese ademáis un artigo sobre o Sela.
Páx. 5
O Parlamento europeo ven de tomar en consideración a petición presentada por Manuel Soto, Pilar Barros e Esther Rodríguez en nome de ADEGA, pola que se denuncia o incumprimento da lexislación ambiental e o grave dano ecolóxico que as minicentrais hidroeléctricas están a causar no río galego.
Páx. 6
Os pasados 29 e 30 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela a XII Asemblea anual da AGENG (Asemblea de Grupos Ecoloxistas e Naturalistas de Galiza), que contou coa participación activa de 14 grupos vidos de todo o país e preto dun cento de participantes. O conferenciante invitado, Miguel Anxo Furado, falou sobre "A Costa e o Mar", un dos temas abordados pola Asemblea, que ademáis tratou outros muitos puntos, tanto relativos á problemática ecolóxica como a organización interna.