19/08/2026
ADEGA presentou denuncias ante o Concello de Castroverde, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o SEPRONA e reclama a paralización inmediata dos recheos, a investigación dos feitos e a recuperación integral da zona húmida.
07/08/2026
Unha nova poboación de Euphor uliginosa (leiteiriña das brañas) foi recentemente descuberta por ADEGA xusto no trazado da variante de Carballo, que a Xunta acaba de autorizar. É o que acontece cando a avaliación ambiental se reduce a un mero trámite.
05/08/2026
Trátase de Fial das Corzas, un parque impulsado por Iberdrola ás portas do Parque Natural do Invernadoiro.
02/08/2026
A Xunta de Galiza acaba de declarar a emerxencia cinexética en todo o territorio e durante un ano para o control do xabarín, unha medida que revela unha grave irresponsabilidade na xestión pública da problemática das poboacións desta especie.
30/07/2026
Empresas eólicas con parques paralizados cautelarmente polo TSXG para evitar danos ambientais irreparábeis están a solicitar á Xunta a declaración de utilidade pública para poder ocupar as terras ou expropialas, nunha posíbel manobra de intimidación.
27/07/2026
O noso país afronta esta ominosa tempada de lumes precedida de temperaturas extremas. Mentres, a Xunta, abanea entre a inacción covarde e a promoción suicida do eucalipto.