Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
10/06/2019
A Xunta tramita a nova Lei de Pesca Continental para substituir á norma de 1992. Mais esta actualización non pode ser a excusa para ordenar a pesca só para o deporte ou o turismo, esquecendo a conservación cos ecosistemas acuáticos.
06/06/2019
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, onte publicouse o Sermos-ADEGA nº 21 dedicado á contaminación do aire, tema no que tamén se centrou este ano a celebración mundial do Medio Ambiente. ADEGA avalía a situación galega ao respecto.
31/05/2019
ADEGA, a través da súa delegación de Vigo e da Fundación Eira, participará na II Deseucaliptización Simultánea convocada pola rede a prol do bosque galego Cousa de Raíces.
24/05/2019
ADEGA presentou denuncias no Seprona e en Patrimonio Natural polo uso de maquinaria pesada na praia de Barrañán -supostamente para recuperala- con afección a hábitats prioritarios e especies ameazadas. O que vén sendo matar moscas con canóns...
22/05/2019
O recente informe do IPBES (painel internacional para a diversidade biolóxica, UNESCO) subliña a preocupante situación da biodiversidade mundial, inmersa nun acelerado proceso de extinción. Neste día avaliamos a situación e as consecuencias en Galiza
10/05/2019
Ante a nova demanda internacional de litio para a fabricación de baterías para a industria automobilística, Galiza e Portugal son lugares potenciais para a súa explotación, xa que aquí se atopa unha das maiores reservas de litio europeo.