Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
17/04/2020
Artigo de Lucía Ferreira, vogal de agroecoloxía de ADEGA, dedicado ao Día Mundial da Loita Campesiña, máis necesaria agora que nunca!
16/04/2020
As asociacións ecoloxistas solicitaron no Comité Galego de Caza a suspensión na caza desta ave en perigo de desaparición. Segue aberto o expediente sancionador da Comisión Europea por non conservala debidamente.
14/04/2020
Xa están subscritas á campaña #EuFicoNaCasaConADEGA centos persoas que procuran recursos didácticos e entretidos para pasar o confinamento. Agora, ADEGA crea un repositorio web onde recompila todas as propostas de actividade: euficonacasa.adega.gal
13/04/2020
ADEGA vén de publicar a edición número 82 da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, Cerna. Un total de 15 artigos de libre consulta e descarga en http://adega.gal/revistacerna.
27/03/2020
ADEGA lanzará nos vindeiros días varias propostas de actividades ou ECO-Ideas para pasar a corentena e porá á disposición de docentes, nais e pais, material didáctico ligado a diferentes temáticas ambientais. Solicítao en adega@adega.gal
27/03/2020
Máis de corenta organizacións galegas, entre as que está ADEGA, veñen de facer público un manifesto no que piden a reapertura dos mercados alimentarios de proximidade como garantes da seguridade alimentaria de Galiza no contexto actual.