Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
15/10/2020
As recentes verteduras ao Eume augas abaixo do encoro da Capela e que acaban de provocar a declaración de emerxencia no río son un episodio máis da triste historia dunha canle maltratada pola minaría e esquecida polas administracións.
09/10/2020
ADEGA, entre outras entidades, demanda ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente que actúen inmediatamente contra a erosión e a perda de solo e biodiversidade nos espazos naturais asolados polo lume.
07/10/2020
Na AAI (Autorización Ambiental Integrada) aprobada en xuño deste ano, a Xunta permitíu a ALCOA seguir superando os límites de emisión de contaminantes no complexo de San Cibrao. A razón? Os altos custos que suporía para a empresa cumprir coas leis...
05/10/2020
ADEGA reclama a restitución de Fernando Cobo ao fronte da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, por ser un referente na investigación científica sobre conservación e estudo das augas continentais e polo seu compromiso cos ríos galegos.
02/10/2020
A decisión de ALCOA de pechar a planta de San Cibrao sementa serias dúbidas sobre o futuro ambiental da comarca e o destino da balsa de lamas tóxicas, sen un plano de peche e clausura definitivo.
25/09/2020
Hoxe, 25 de setembro, celébrase outro Día Mundial de Acción polo Clima. Aliás de participar en mobilizacións e actividades, ADEGA esixe das lexisladoras un maior compromiso na Lei de Cambio Climático en tramitación.