Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
23/06/2021
En 2017 o Estado emitiu declaración favorábel ao proxecto de GN-FENOSA de unir os encoros das Cunchas e Salas mediante unha central de bombeo soterrada. Pasados 4 anos sen realizar o proxecto, a empresa pide agora prorrogar a DIA.
18/06/2021
O pasado abril o Ministerio de Transición Ecolóxica prohibíu o depósito de áridos no punto de vertido de Sálvora até haber alternativas. Sorprende que Vilagarcía, dependente de Portos do Estado, pretenda agora deitar máis dragaxes alí.
15/06/2021
Rematado o carbón, ENDESA teima en seguir a espremer a comarca do Eume. Xa deixou claro que pode facer o que lle peta co río, mais agora quere entrar tamén no negocio do eucalipto cun plantío de 543 hectaéas...
09/06/2021
Esta segunda feira mantivemos unha xuntanza de traballo coa Valedora do Pobo para reclamarlle amparo fronte á enxurrada de parques eólicos e en defensa do dereito da cidadanía ao medio ambiente e á información e participación pública.
07/06/2021
Galiza contribuíu dun xeito significativo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica, que vén de acadar e superar o importe inicialmente estimado para a recadación colectiva.
03/06/2021
Na quinta é última das mesas redondas do ciclo “Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza” participaron as forzas políticas con representación na nas institucións galegas para expoñer as súas posturas ao respecto do actual modelo eólico.