Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
26/11/2021
Con motivo do Día mundial das Montañas, o 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non”, da que fai parte ADEGA, convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica.
22/11/2021
Medio Ambiente enviou cartas aos concellos aderidos á planta de Lousame por supostos incumprimentos da normativa de residuos, exixindo melloras e ameazando con subas nas taxas. Das ruinosas cifras de SOGAMA, nin chío...
18/11/2021
ADEGA pon de relevo varios casos de plantacións ilegais de eucalipto en brañas e hábitats de conservación prioritaria para a UE, que son ignorados pola Administración con argumentos falsos.
13/11/2021
A mineira de Touro non deixa de enredar para reverter o rexeitamento administrativo á mina. Desta volta é un "proxecto integral de drenaxe" previo á pretendida reapertura, que segue sen solucionar os pasivos ambientais acumulados nos últimos 30 anos
11/11/2021
ADEGA trasladou ao Ministerio as propostas sobre a Estratexia de conservación do lobo. Baseadas en datos pretenden mellorar a situación e desactivar conflitos, mais as administracións e a sociedade deben asumir que a protección do lobo é irreversíbel
04/11/2021
ADEGA vén de facer achegas ao plano hidrolóxico da bacía Galiza-Costa, un documento que está lonxe de dar resposta aos efectos da mudanza climática sobre os nosos ecosistemas humidos