Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
14/01/2022
A nova planificación da bacía Miño-Sil, dependente do Ministerio, unha das máis sobre-explotadas de Europa, permite aumentar a presión hidroeléctrica. Entre outras medidas, ADEGA pide que se veten por lei novos encoros nestes ríos.
04/01/2022
O 2021 foi o ano da oficialización do espolio do territorio galego a prol dun fraudulento interese xeral e dunha falsa transición “ecolóxica” non participada pola sociedade, baseada no sacrificio do medio e deseñada á vontade dos grandes lobby
22/12/2021
Hoxe cúmprense 10 anos desde que a última proposta de ampliación da Rede Natura 2000 para Galiza saíu a exposición pública. O incumprimento da Xunta de ampliar a Rede Natura deixa sen garantías a consecución do obxectivo da UE para Galiza.
21/12/2021
O número 85 da Revista CERNA inclúe o especial "Vaga Eólica" e artigos sobre outras loitas históricas do ecoloxismo galego, como ENCE ou a Mina de Touro.
17/12/2021
Logo de tentalo en 2016, a mineira de San Fins pretende verter de novo millóns m3 de augas contaminadas á ría de Noia. O estrano é que a Xunta siga a tramitar un permiso caduco que permitiría á empresa reabrir unha mina sen estudo de impacto
11/12/2021
Galiza volveu ser contundente! Máis de 5000 persoas saímos á rúa hoxe, Día Internacional das Montañas, para reclamar unha moratoria real e efectiva de todos os proxectos eólicos en tramitación e a derrogación do Plan Eólico!