Revista CERNA

ADEGA Nacional

23/03/2022

Exitosa mobilización diante do Parlamento pola defensa dos dereitos cidadáns fronte a invasión eólica

Centos de persoas concentráronse esta mañá diante das portas do Parlamento Galego e da Valedora do Pobo para denunciar o recurte de dereitos democráticos da cidadanía galega para favorecer as eléctricas promotoras da actual vaga eólica.

+info

15/03/2022

23M: Concentración diante do Parlamento Galego contra o recurte de dereitos democráticos durante a vaga eólica

A Coordinadora Eólica Así Non acusa ao goberno da Xunta de poñer trabas á cidadanía para acceder aos expedientes administrativos de proxectos eólicos e de dificultar a participación pública no período de alegacións. Presentará denuncia en Europa.

+info

14/03/2022

A plataforma Galiza pola Paz convoca mobilizacións nas sete cidades

Suso de Toro e representantes das máis de 30 organizacións e colectivos que conforman a plataforma Galiza pola Paz, compareceu para reclamar a inmediata retirada das tropas rusas e unha resposta diplomática ao conflito bélico na Ucraína.

+info

11/03/2022

ADEGA falla os Premios Osíxeno e Dioxina 2021

Os galardóns entregaranse o 27 de marzo, no decurso da 46 Asemblea Xeral de ADEGA.

Esta xa é a 21ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina cos que ADEGA quere subliñar o mellor e o peor do pasado ano desde a perspectiva ambiental e ecoloxista.

+info

09/03/2022

A Serra do Xistral, terra de sacrificio para as eléctricas

A Serra do Xistral alberga 29 parques eólicos e concentra o 55% da potencia instalada na Rede Natura 2000. Por se fora pouco, agora pretenden construir unha central de bombeo en caverna de case 1 GW. Somos carne de canón para as eléctricas!

+info

25/02/2022

NON Á GUERRA! Pola paz e a soberanía dos pobos!

Diante dos últimos acontecementos que se están a desenvolver na Ucraína e o Donbass, ADEGA súmase ao rexeitamento social á guerra e ás reclamas da Plataforma Galega Contra a OTAN.

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal