Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
28/10/2022
Ao ter acadado o seu obxectivo nun tempo récord, finaliza a campaña de recadación solidaria promovida por ADEGA, a cal apela ao TSXG para que retire a obriga de caucións ás entidades sen ánimo de lucro.
26/10/2022
A campaña de recadación solidaria "Ti podes paralos!", consegue facer efectiva a primeira das paralizacións cautelares dos tres proxectos eólicos de Greenalia, recorridos no TSXG por ADEGA e a PDCC. O PE Campelo xa está suspendido cautelarmente!
25/10/2022
Malia a que en xuño de 2021 o Estado aprobou unha moratoria para novos parques eólicos mariños, outra instalación "Galwind" de 1000 MW vén de iniciar o seu percorrido administrativo, e xa non é a primeira nin semella a última...
21/10/2022
ADEGA inicia unha campaña de recadación solidaria para acadar os 20.000 euros que o TSXG require como caución ou aval para facer efectiva a paralización cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia.
20/10/2022
O recente gromo do virus da gripe aviaria H5N1 nunha granxa de visóns de Carral volta poñer o foco sobre os riscos destas instalacións para o medio ambiente e a saúde das persoas
19/10/2022
ADEGA e a Plataforma non eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural celebrarán mañá en Santa Comba un acto informativo sobre os parques eólicos de Greenalia Bustelo-Campelo-Monte Toural e da súa situación tras os autos de paralización cautelar do TSXG.