02/12/2022
A recente protección pola CE de áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os hábitats de fondos rochosos con corais fríos vetados á pesca poden ser ocupados cos instalacións e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños.
28/11/2022
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica.
25/11/2022
ADEGA presenta denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación de parques eólicos de Greenalia.
23/11/2022
A “lei de acompañamento” dos orzamentos de 2023 inclúe profundas modificacións do Plano da Rede Natura 2000. Modificar este plano precisaría dun procedemento de información pública e de consultas, trámite que a Xunta quere furtar
17/11/2022
A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na Autorización Ambiental Integrada.
16/11/2022
A editorial Galaxia doará a ADEGA un 5% da recadación obtida das vendas da publicación "Prestige. 20 anos x 20 voces" como contribución á súa acción altruísta na defensa ambiental de Galiza.