Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
21/12/2022
A publicación abre unha xanela a experiencias positivas como a construción dun paso de fauna en Cecebre ou a promoción do "emprego verde".
19/12/2022
O TSXG rectifica e exime a ADEGA e á PDCC de ter que depositar caución algunha para facer efectiva a suspensión cautelar dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo de Greenalia, ao tempo que ratifica a paralización cautelar dos mesmos.
11/12/2022
Máis de 3000 persoas participaron nas 19 mobilizacións convocadas en diferentes localidades galegas pola coordinadora “Eólica Así Non”, con motivo do Día mundial das Montañas e contra o seu espolio pola invasión eólica.
09/12/2022
Con 25 anos de retraso a Xunta está a tramitar a principal ferramenta de xestión das Fragas do Eume, o PRUX. Este documento, obrigatorio por lei, debería ter sido aprobado no prazo de dous anos logo da declaración do parque, isto é, en 1999
02/12/2022
A recente protección pola CE de áreas mariñas fronte á pesca de fondo semella non valer para as eólicas. Os hábitats de fondos rochosos con corais fríos vetados á pesca poden ser ocupados cos instalacións e liñas de evacuación dos parques eólicos mariños.
28/11/2022
Por segundo ano, con motivo do Día mundial das Montañas, o vindeiro domingo 11 de decembro, a Coordinadora “Eólica, Así Non” convoca á sociedade galega a unha nova grande mobilización fronte a actual invasión eólica.