Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
19/05/2023
Con vistas ás eleccións municipais deste 28 de maio, dende ADEGA queremos salientar a importancia das políticas municipais para acadarmos un modelo ecoloxicamente sustentábel e propoñer algunhas medidas concretas para acadarmos ese reto.
16/05/2023
ADEGA recupera a campaña de recadación colectiva e solidaria “Ti podes paralos!”, como única forma posíbel de poder emprender accións xudiciais contra boa parte dos 75 proxectos macroeólicos aprobados pola Xunta de Galiza o pasado 25 de abril.
02/05/2023
Membros da Comisión de Montes de ADEGA nunha saída polos arredores da Serra do Xistral, detectaron nunha soa xornada 17 parcelas con plantacións ilegais de eucaliptos, 12 delas en zona de ampliación da Rede Natura 2000.
27/04/2023
Perante da recente aprobación de 75 parques eólicos por parte da Xunta, ADEGA acudirá aos xulgados para recorrer aqueles proxectos cun impacto máis significativo sobre o noso patrimonio natural e cultural.
24/04/2023
ADEGA vén de trasladar á Ministra Teresa Ribera unha carta na que expoñemos as eivas do despregue das renovábeis en Galiza, causa dunha forte resposta social, e demandamos unha moratoria na tramitación de proxectos eólicos estatais.