Revista CERNA

ADEGA Nacional

22/11/2024

A Xunta expulsa as organizacións ecoloxistas e as comunidades de montes veciñais do Consello da Minería de Galicia

Esta medida supón un atropelo ao dereito da sociedade civil de estar informada e participar nas decisións relativas a un sector cun impacto innegable sobre os ecosistemas e a saúde das persoas.

+info

20/11/2024

ADEGA presenta demanda na Audiencia Nacional contra a autorización das obras do treito II da A-57

O principal argumento da demanda apunta a unha avaliación ambiental deficiente e incompleta do impacto do proxecto nun espazo de Rede Natura 2000.

+info

18/11/2024

ADEGA lanza unha campaña de recadación para procurar frear o proxecto eólico Monteiro nos Ancares

A organización ecoloxista precisa reunir 6.800 euros para custear a presentación de recursos de casación e contencioso-administrativo e a solicitude de paralización cautelar no TSXG.

+info

07/11/2024

Autorización ambiental "express" e fraudulenta para o recrecimento da balsa de lamas vermellas de ALCOA

O proxecto para aumentar a capacidade da balsa de lamas vermellas até a cota 104 e alongar a vertedura de residuos máis aló de 2026 vén de ser obxecto dunha DIA favorábel. O plano de selado e restauración, obrigatorio por lei, segue no limbo...

+info

06/11/2024

Freo a outros tres proxectos macroeólicos en Terra de Montes

Os parques eólicos suspendidos cautelarmente no TSXG son Monte Festeiros, Outeiro Grande e As Penizas.

A proximidade das infraestruturas a espazos de Rede Natura foi determinante para a adopción das medidas cautelares.

+info

22/10/2024

ADEGA demanda a paralización do parque eólico Ruña II polos danos a un patrimonio xeolóxico único

Nin o estudo de impacto nin a DIA rexistraron a presenza do glaciar rochoso da Ruña e de hábitats prioritarios

As obras do parque eólico Ruña II están a destruír valiosos restos xeolóxicos de 100.000 anos de antigüidade, con afectación tamén a hábitats higrófilos que non foron considerados na DIA

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal