Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
22/04/2014
Feijóo e Hernández prometeron a ampliación da Rede Natura galega que, ao non aprobarse, perde 842 ha ao decaer a ZEPVN Miño-Neira. As entidades ecoloxistas galegas demandamos á Xunta que cumpra o seu compromiso e aprobe a ampliación da RN2000 xa!
15/04/2014
Na Rede Natura; na proposta de ampliación da Rede Natura agora parada; en áreas que deberían estar protexidas e non o están porque interesan a alguén... As agresións a hábitats sensíbeis, quer o bosque de ribeira ou a costa, multiplícanse polo país
11/04/2014
ADEGA vén de comparecer na Comisión Parlamentar sobre Seguranza Viaria para, alén de propoñer medidas concretas, achegar unha reflexión sobre a influenza do modelo territorial e as erradas políticas de transporte que se están a aplicar no país.
28/03/2014
A Xunta vén de aprobar un Plano Director da Rede Natura con 4 anos de retraso e que pretende tralo verniz dunha falsa protección ambiental "abrir o melón" da especulación nas 390.000 hectáreas da RN2000 galega, a máis cativa en porcentaxe do estado
O desembarco en Galiza das granxas de visóns vetadas en Europa é xa unha abordaxe en toda regra. Sen rematar o periodo de alegacións, sen licenza nen permisos ambientais, as pelexeiras obran a toda máquina na millor tradición dos feitos consumados
25/03/2014
A conícora (Vanellus vanellus) e a agacha (Gallinago gallinago) poden ser cazadas malia a estar incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como “en perigo de extinción”