Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
22/07/2014
A asociación PuntoGal fixo públicos hoxe os primeiros 93 dominios (pioneiros) que estrearán o PuntoGal este 25 de xullo, entre eles ADEGA. A transición ao adega.gal farase paseniñamente para manter plenamente operativos todos os nosos servizos
17/07/2014
10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza
09/07/2014
Pescanova vende a planta de Mira, en Portugal. Este proxecto foi a reacción da empresa á proibición polo bipartito de instalarse en Touriñán. Millóns de € de buraco e o fracaso dun modelo insustentábel e depredador ao que o PP entregoulle a costa
03/07/2014
Dende o movemento Residuos Cero Europa e ADEGA queríamos aproveitar este día para concienciarnos sobre as terríbeis consecuencias que teñen as bolsas de plástico e informar das alternativas e accións posíbeis.
01/07/2014
A Xunta pretende modificar o dec. 67/2007 das Árbores Senlleiras para "simplificar" a xestión e "axilizar" trámites. Na práctica supón a desprotección efectiva deste patrimonio natural, como alegamos ecoloxistas e investigadores do Comité das Árbores
30/06/2014
A revista galega de medio ambiente e ecoloxía CERNA lanza a súa primeira edición dixital recompilatoria dos artigos publicados durante este ano no seu soporte web adega.gal/revistacerna. Xa está á túa disposición!