Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
26/09/2014
Queremos uns ríos limpos, queremos poder disfrutar dos nosos sistemas fluviais e queremos concienciar á sociedade da necesidade de que estes estean ben conservados
16/09/2014
Pretenden fumigar 17.457 ha de eucaliptos na Coruña, Lugo e Pontevedra con tau-fluvalinato 10%, grazas a un permiso excepcional do Ministerio. Este tóxico, en combinación con outros ten tamén amosado efectos nocivos sobre as abellas
11/09/2014
Coa colaboración de ADEGA e a UDC, o concello inicia un programa que combina a compostaxe caseira coa recollida separada da materia orgánica no casco urbano e posterior tratamento nun centro de experimentación ambiental
09/09/2014
Os eventos deportivos de masas poden chegar a deixar unha importante pegada ecolóxica, sobre todo se acontecen en espazos sensíbeis ou de alto valor natural. Cada tirada de "La Vuelta" pode chegar a xerar máis de 5 tn de residuos
28/08/2014
As recentes probas gráficas da presenza do oso pardo cantábrico (Ursus arctos) en varias zonas de Ancares e Courel, evidencian que o oso (oficialmente especie extinta na Galiza) está en expansión na cordilleira cantábrica e quere voltar ao país
23/07/2014
Dende a Alianza Rural Galega (ADEGA, CIG, FRUGA, ORGACCMM) queremos valorar a posíbel incidencia dos lumes durante o periodo de máximo risco deste verán, a teor dunha serie de condicionantes e tendo en conta as medidas tomadas dende a Xunta