Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
10/12/2014
Sabemos realmente o que comemos? Quen controla a produción e comercialización dos alimentos? Deixamos a alimentación humana nas mans das empresas agroquímicas ou queremos ser nós os protagonistas e comer sano sen danar á terra?
03/12/2014
ADEGA co apoio da Plat. Sarriana polo Río vén de interpoñer contencioso administrativo pola chafalleira e ilegal actuación da D. X. de Conservación na tramitación e posterior denegación da catalogación do ameneiral de Sarria como formación senlleira
28/11/2014
Nunha manchea de concellos e parcelas do país a Xunta autorizou o uso de lamas de depuradora como fertilizante. Esta práctica, realizada sen os debidos controis nen garantías, pode virar na contaminación difusa de terras e augas
Este mércores 26 de novembro, celebrouse no CONAMA unha actividade sobre o lixo mariño. Houbo diferentes presentacións sobre esta problemática ambiental e ADEGA participou presentando a iniciativa de Limpezas simultáneas de praias.
24/11/2014
Do 22 ao 29 de novembro celébrase a semana europea da prevención de residuos. Dende ADEGA traballamos todo o ano con obradoiros de sensibilización ambiental, seminarios, congresos e dinamizando novidosos proxectos de compostaxe por todo o país
20/11/2014
ADEGA participou no seminario de “Composta en Red” para partillarmos experiencias de compostaxe caseira e comunitaria. O seminario tivo lugar en Vitoria-Gasteiz (Euskadi) e aproveitamos tamén para visitar as iniciativas de Azpeitia a Hernani