Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
01/04/2015
Hai uns días abríu as súas portas ao público en Bilbo a primeira oficina de Fiare-Banca Ética do estado. ADEGA, socia fundadora de Fiare-Galiza, fai parte tamén deste proxecto de banca solidaria ao entrar no accionariado da Banca Ética.
26/03/2015
Esta semana nace SermosADEGA, un caderno que acompañará ao semanario en papel Sermos Galiza e que achegará periodicamente información de actualidade sobre cuestións medioambientais.
A Rede Galega de Custodia do Territorio, da cal forma parte ADEGA como socia fundadora, participa na organización destas xornadas xunto con outras entidades galegas e estatais. Serán en Compostela este 27 e 28 de marzo.
23/03/2015
Dende a aprobación da Lei de Montes en 2012 pola maioría do PP, as denuncias por plantacións ilegais e cambios de usos aumentaron nun 274%. Era visto: a lei favorece os monocultivos, nomeadamente do eucalipto e permite as cortas a feito.
19/03/2015
En xuño de 2013 o TSXG fallaba a favor de ADEGA e anulaba o plano co que a Xunta ía legalizar as desfeitas urbanísticas de Barreiros con 14 millóns de € públicos. Agora o DOG publica a sentenza, para escarnio dos infratores, que seguen na política...
17/03/2015
ADEGA vén de denunciar outra plantación de pirófitas (piñeiros) en Rede Natura, desta volta no Canón do Sil. Dase a circunstancia que este cambio de usos afecta tamén ao territorio de campeo da aguia real, a pouca distancia dunha área de aniñamento