Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
30/04/2015
O pasado 25 de abril conmemorando a celebración mundial do Save the Frogs Day, ADEGA xunto coa AHE e a SGHN editaron un protocolo sobre as Enfermidades Infecciosas Emerxentes que lamentablemente afectan aos anfibios galegos
Neste día, ADEGA, Amigos da Terra, APDR, CEMMA, Federación Ecoloxista Galega (19 organizacións) e Verdegaia apresentamos as propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentables a nivel local: o "Programa pola Terra"
20/04/2015
ADEGA presentou alegacións ao enésimo intento da Xunta de dotar de contido ao maior polígono industrial de Galiza. En cómodas doses eleitorais, e despois de 15 anos e máis de 120 millóns gastados, vanse achegar outros 36 millóns para "urbanización"
17/04/2015
A historia repítese: a falla de previsión e/ou incompetencia na xestión doutro accidente marítimo pon en risco o ambiente e os recursos mariños. Tentar desfacerse do barco mandándoo "ao quinto pino" pode facer que 1500 t de fuel reguen Canarias
16/04/2015
A Fundación Eira nace coa finalidade de defender o patrimonio natural e cultural de Galiza, da súa fauna, flora e hábitats que os sustentan. Xestionará os recursos de ADEGA no Alto Ulla, quer a Eira da Xoana e o Castro de Remonde
14/04/2015
A Presidenta da Comisión de Peticións do PE, Cecilia Wikström, vén de comunicar aos grupos da Plataforma Galega contra a Incineración, a admisión a trámite da denuncia contra a Xunta-SOGAMA por incumprir a lexislación comunitaria de residuos