Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
30/09/2015
ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.
18/09/2015
O buraco negro de SOGAMA segue papando inxentes cantidades de cartos públicos. Manter o monstro en marcha, a incineradora e o vertedoiro, consumíu no que vai de ano 468,84 millóns de €. Pola contra, para a compostaxe -prioritaria por lei- só 0,09M€
10/09/2015
ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real, en perigo de extinción
25/08/2015
As obras das 3 centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica constrúe no Xallas están a danar especies e hábitats protexidos. ADEGA insta á Fiscalía a investigar os feitos e a tramitación dunhas instalacións que nunca deberon ser autorizadas...
19/08/2015
Perante a alerta de seca, ADEGA demanda tanto da Xunta de Galiza como das administracións locais, medidas que fomenten unha cultura da auga aforradora e eficiente, sen esquecermos as actitudes e medidas a ter en conta como usuarios/as
12/08/2015
Malia ao flamante Plano de Conservación recentemente aprobado, ADEGA vén de denunciar o recheo de dúas charcas neste espazo con especies protexidas e refuxio aves ameazadas. Un duro golpe ás aspiracións deste espazo a Parque Natural