Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
25/11/2015
ADEGA vén de presentar no Parlamento Galego unha iniciativa dirixida a todos os grupos para que, con motivo da celebración da cimeira do clima en París (COP21) aproben unha declaración con propostas de actuación contra o cambio climático
23/11/2015
No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria.
17/11/2015
Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados
05/11/2015
A Dirección Xeral Conservación da Natureza elude o investigar a denuncia de ADEGA encol da venda de trofeos de lobo na Reserva de caza de Ancares, que recoñece ilegal. Quen se está a lucrar con estas prácticas?
29/10/2015
ADEGA, GEAS e Hábitat advertimos á Xunta da presenza dun exemplar de tigre de Bengala nas instalación da empresa Naturmaz, ao carón do encoro da Fervenza en Mazaricos. O tigre exíbese aos visitantes nun cercado de ferranchos en precarias condicións
22/10/2015
As presidentas da Fundación Eira e de ADEGA-Lugo viaxan á India para estreitar lazos coa Casa de Galiza e a Universidade tagoreana de Santiniketan, fundada polo Nobel Rabindranath Tagore. Alí coñecerán o proxecto educativo de Xosé Paz.