Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
28/03/2016
Sete asociacións conservacionistas, co aval de investigadores/as das tres universidades, denunciamos que a VI edición do Costa-Trail de Oleiros pasará a poucos metros dunha importante colonia de cría do corvo mariño cristado, en perigo de extinción
22/03/2016
No día Mundial da Auga, ADEGA ven de asinar coa Xunta, a través de Augas de Galicia e o Instituto de Estudos do Territorio, pertencentes á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a continuidade do Proxecto Ríos para 2016.
21/03/2016
No Día Internacional dos Bosques (21 de marzo) as organizacións ecoloxistas reclamamos políticas activas para conservar as nosas masas autóctonas. Alén disto, e perante a imparábel expansión do eucalipto cidadanía e concellos podemos e debemos reaxir
17/03/2016
Diversas organizacións con presenza no rural galego achegamos á Xunta a nosa valoración das directrices do novo Plano Forestal. Este Plano hipoteca o futuro do monte e impede un medio rural multifuncional e sustentábel: é máis eucaliptos e biomasa!
15/03/2016
O castro do Monte da Arca en Mondoñedo vén de ser completamente destruido pola maquinaria pesada usada para plantar eucaliptos. En decembro de 2015 este castro fora inventariado pola Xunta a iniciativa de MariñaPatrimonio. Apenas durou 3 meses...
09/03/2016
En 2015 iniciabamos un proxecto novidoso de porta a porta rural en San Sadurniño, cunha rota de 40 km na que se recolle o lixo a 70 vivendas rurais. Ante o éxito do proxecto, este ano amplíase a outras 45 casas con 72 km de percorrido