Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
22/04/2016
Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitamos lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta pola formación continua e a acción directa
19/04/2016
Este venres presentamos en Allariz o balanzo de situación do programa RE (recuperar, rexenerar, reiniciar) que o concello está a desenvolver na vila coa colaboración de ADEGA. Toda a cidadanía vai poder compostar os seus residuos orgánicos
14/04/2016
A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra
12/04/2016
Mediante este acordo realizaranse actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos desta bacía, así como actividades de formación e voluntariado ambiental
08/04/2016
A contaminación lumínica, menos coñecida que a acústica ou a atmosférica, é outro xeito de polución da sociedade do consumo. Na semana do 4 ao 10 de abril, pretendemos sensibilizar á cidadanía e ás institucións para loitar contra este fenómeno
06/04/2016
ADEGA vén de asociarse a Nosa Enerxia, a cooperativa enerxética galega comercializadora de enerxía renovábel. Pretendemos afortalar o modelo cooperativo, solidario e transparente de Nosa Enerxía partillando iniciativas e difundíndoas na sociedade