Revista CERNA

ADEGA Nacional

27/06/2016

Consulta a edición de primavera de CERNA, o número 75!

A revista galega de ecoloxía e medio ambiente, CERNA, vén de estrear edición, co número de primavera de 2016, o número 75. Xa podes consultar os seus contidos!

+info

15/06/2016

Exposición UNHA INVASIÓN SILENCIOSA: A BIODIVERSIDADE BAIXO AMEAZA". Solicítaa para a túa entidade!

Este 13 de xuño inaugurouse no MUPEGA a exposición sobre a problemática da especies exóticas e invasoras. A partires de xullo, ADEGA pona a disposición de institucións e entidades (concellos, asociacións, etc.). Solicítaa xa!

+info

09/06/2016

Comboio fumigador de ADIF: envelenando até o último metro

O glifosato enfróntase en poucos días á prohibición definitiva na UE ou á súa re-autorización por un ano. Mentres, moitas administracións seguen usándoo profusamente como se non houber un mañán. Até o útimo minuto e a última pinga...

+info

09/06/2016

Comunicado de desmentido por falsas acusacións públicas contra ADEGA

Ante as falsas informacións que veñen aparecendo nos últimos días na prensa de Lugo, nomeadamente en La Voz de Galicia, ADEGA vese obrigada a defender a súa honorabilidade e a das súas socias e socios a través deste comunicado.

+info

01/06/2016

ADEGA e Mariña-Patrimonio denuncian danos masivos ao patrimonio histórico-arqueolóxico pola industria do eucalipto

ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos que boa parte dos xacememtos arqueolóxicos do norte de Lugo, dende o Paleolítico á Idade Media, sofren danos por labores asociados á explotación do eucalipto: plantacións, cortas, pistas, rozas con maquinaria...

+info

31/05/2016

Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a eucaliptización!

Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!

+info

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal