Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
31/01/2017
Este 20 de febreiro celebramos na Coruña a nosa 41 Asemblea Xeral. Celebramos tamén os actos comemorativos dos 40 anos, aprobamos varias propostas de resolución, anovamos a Directiva e entregamos os premios Osíxeno 2016
30/01/2017
ADEGA cualifica de chafallada e esperpento a batida desta fin de semana en Friol, autorizada de xeito ´express´ pola Xunta. Ilegalidades como a presenza de menores e o uso de foguetes, remataron cun único ´trofeo´abatido: un can!
26/01/2017
O fracaso na posta en marcha de medidas preventivas non pode ser substituído por controis poboacionais. É falso que exista sobrepoboación.
25/01/2017
Este sábado 28 no Quiosco Alfonso da Coruña, a partires das 17:30 celebraremos os actos dos 40 anos da Asociación (1976-2016). Baixo o título "ADEGA NA CRISE DOS 40..." haberá video, música, intervencións, sorpresas... Non podes faltar!
18/01/2017
É a 16ª edición dos premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, moi presentes no fallo deste ano.
05/01/2017
O presidente de SOGAMA vén de anunciar a licitación por 275M€ da ampliación do complexo de Cerceda para queimar aínda máis, sobre todo ´materia orgánica´. Con este gasto pretenden poñense en 2020 ´reciclando´ o 15% cando Europa fixa un mínimo do 50%