Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
14/02/2017
A veciñanza de Igrexafeita e Naraío que participou na experiencia de recollida de lixo domiciliaria (150 persoas) aforraron ao concello 1335€ na factura de SOGAMA
12/02/2017
ADEGA tivo acceso a unha gravación que proba a actuación irregular da Xunta ao autorizar "controis poboacionais" recorrentes (3 nos últimos 4 meses) nos montes de Cotobade. Oficialmente non se abatíu lobo algún, así que a Xunta seguíu dando permisos.
10/02/2017
Os controis non cumpren coas condicións do Decreto 297/2008 do Plano de xestión do lobo. Estase a aplicar incorrectamente a norma causando un prexuízo ambiental e ecolóxico e menoscabando a protección da nosa fauna e flora máis singular
09/02/2017
A sentenza do xulgado de Pontevedra dando a razón ao concello de Lalín no contencioso con Fenosa pola LAT de Catasós, evidencia outra volta as malas prácticas dunha administración entregada aos intereses das eléctricas.
07/02/2017
Portugal conxelou a expansión do eucalipto até 2030, prohibindo novos plantíos por riba das 812.000 hectáreas que arestora ocupa. Na Galiza o eucalipto medra en 500.000 ha e aumentando...
02/02/2017
No cabodano da sinatura da convención Ramsar (Irán, 1971) celébrase o Día Mundial dos Humidais. Desta volta, quérese reivindicar o papel dos humidais como amortecedores dos efectos do cambio climático.