25/04/2017
A respeito dos residuos, o aparello de propaganda do PP teima en apropiarse de novos conceitos como "residuo cero" e "economía circular" para seguir xustificando o gasto de millóns de € en SOGAMA
A Xunta viuse obrigada a adoptar esta decisión en previsión de evitar unha sentenza condenatoria do Tribunal Superior de Xustiza á raíz do recurso contencioso-administrativo interposto por ADEGA non mes de xullo contra a Consellaría de Cultura.
No día da Terra, 22 de abril, a praza do Obradoiro ficou inzada de eucaliptos para visualizar a problemática do monocultivo desta especie. Dende Cousa de Raíces queremos parabenizar ás participantes e animalas a continuar coa loita.
29/03/2017
A presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos, Virginia Rodríguez, vén de asinar coa conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos
24/03/2017
O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta que algúns metais tóxicos sobardan os límitres legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.
21/03/2017
No Día Internacional dos Bosques (21 de marzo), os preto de 60 colectivos da rede "Cousa de Raíces" non estamos para ccelebracións: urxen medidas para salver os bosques e poñer couto ao eucalipto. Como en Europa!