Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
01/08/2017
A edición de verán de CERNA, a revista galega de ecoloxía e medio ambiente editada por ADEGA, dedica gran parte dos seus artigos á reflexión sobre o monocultivo de eucalipto en Galiza e á súa incidencia no lume, nos ríos ou no patrimonio cultural.
19/07/2017
A intención de ERIMSA de explotar o seixo en Xanceda (Mesía) é incompatíbel co actual aproveitamento agrogandeiro, con moitas explotacións en ecolóxico, nunha comarca sobranceira para o agro galego.
07/07/2017
Perante a evidencia de que a masiva coberteira de eucaliptos agravou o lume en Pedrógão, ENCE apurouse en demostrar con "datos, non opinións" que o eucalipto pouco ten a ver cos incendios na Galiza. Excusatio non petita...
05/07/2017
Logo de 6 anos de trámites, ENDESA vai conquerir que Augas autorice o seu proxecto de "modernizar" os desaugues do encoro da Capela, no Eume. Consecuencia: lamas tóxicas e contaminantes poden rematar indo río abaixo...
30/06/2017
Xa está nos quioscos o nº 11 do Sermos-ADEGA. Nel, faise un repaso dalgúns temas ambientais de actualidade e, ao mesmo tempo, recorrentes na loita ecoloxista do país nos que se están dando pasos cara adiante.
29/06/2017
Logo de décadas de negacionismo, a reconversión dalgúns políticos en paladíns climáticos non deixa de sorprender. Esquecido xa o "primo" de Rajoy, agora toca "descarbonizarse" co entusiasmo dos novos conversos...