Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
20/09/2017
A explotación do cobre en Touro resucita para aproveitar o alto prezo do metal empurrado pola demanda asiática. Sobre a paisaxe luar das explotacións históricas abandonadas, o novo proxecto nen resolve vellos problemas nen garante solucionar os novos
19/09/2017
O número 12 do Sermos-ADEGA incide na problemática ambiental derivada dos impactos da eucaliptización do país e da falta de vontade administrativa para frear a expansión descontrolada do cultivo de crecemento rápido.
12/09/2017
O PP vén de presentar no Parlamento a proposición de lei de fomento de iniciativas empresariais. A norma é un auténtico caixón “desastre” que modifica pola porta de atrás varias leis coa intención de remover atrancos a costa do ambiente
29/08/2017
Era visto. Por imperativo legal e tras 20 anos de incineración, a Xunta veuse obrigada a abrir a porta á compostaxe a gran escala permitindo a participación dos concellos na nova planta da Areosa e implantando a recollida selectiva
23/08/2017
A demora de 14 anos en aprobar un PRUX por parte da administración e a manifesta irresponsabilidade de certas empresas navieiras, comprometen a conservación deste espazo natural e poñen en perigo a seguridade dos e das visitantes
18/08/2017
Dous parques eólicos estragarán as últimas serras virxes da Costa da Morte. Son os de Pena Forcada (Laxe) e Mouriños (Cabana e Zas). A súa alta potencia e gran produción apenas deixarán canon, virando paisaxes únicas nun polígono industrial