Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional /
18/07/2018
A prórroga de 60 anos concedida por Rajoy foi unha auténtica burla en forma e en contido e da Xunta xa non podemos esperar ren, mais agora estase a tempo de corrixila: anular a prórroga e marcar con data o peche da celulosa
10/07/2018
A tramitación fragmentada de 3 parques eólicos de Greenalia Power nas inmediacións da lagoa de Alcaián pon en perigo a conservación da Centaurea ultreiae, endemismo galego cuxa única poboación mundial ocupa esta área.
22/06/2018
Representantes da Comisión Promotora desta ILP e dos máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces" vimos de entregar este venres 22 na Xunta Eleitoral de Galiza as 42.561 sinaturas acadadas en apoio da iniciativa.
18/06/2018
No seu informe, o IGME pon en cuestión os cálculos económicos da empresa, cualificándoos de "confusos" e que poderían en certos supostos situar ao proxecto fóra do umbral de rendibilidade.
06/06/2018
Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento... incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal... e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta
04/06/2018
Augas de Galiza vén de achegar analíticas de toda a bacía fluvial na contorna a mina de Touro-O Pino, confirmando o xa apontado por ADEGA nas súas análises: hai contaminación das augas por metais pesados 65 km2 arredor da antiga mina