Revista CERNA

Inicio / ADEGA / Novas / ADEGA Nacional / Fondo pesar en ADEGA polo pasamento de Serxio Perille Seoane

15-08-2024

Fondo pesar en ADEGA polo pasamento de Serxio Perille Seoane

Onte deixounos unha persoa comprometida de maneira exemplar co medio ambiente e a nosa cultura. Ao longo da súa vida, Serxio destacou por ser un incansable defensor do patrimonio natural e cultural de Galicia, sempre entregado á causa da protección da nosa natureza. A súa entrega desinteresada, a súa capacidade para inspirar a outros, e a súa dedicación a preservar o noso legado natural e cultural farano perdurar na memoria de todos aqueles que tiveron a honra de coñecelo e colaborar con el.

Serxio estivo sempre vinculado ao seu lugar natal Monfero e tamén ao barrio de Canido de Ferrol onde viviou a maior parte da súa vida. Participou de todas as loitas ecoloxistas que aconteceron na comarca Ferrolterrá nos últimos anos. Tamén foi membro da directiva de ADEGA-Ferrolterra con diversos cargos.

Desde ADEGA, lamentamos profundamente esta perda e queremos transmitir o noso máis sentido pésame á súa familia, amizades e compañeiros e compañeiras de loita. Que a terra lle sexa leve.Serxio, sempre estarás na nosa memoria.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal