CERNA é unha revista que publica artigos de divulgación sobre calquera das temáticas do eido ambiental, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel, que fagan referencia ao ámbito galego ou ao global. Desde 1990 até a actualidade leva publicados máis de 70 números sobre diferentes temas de interese e actualidade ambiental galega e internacional.
En 2013 puxemos en marcha esta edición dixital onde se publican 3 números ao ano nos que se recollen os artigos que se van actualizando no apartado de AVANCES. Coa posta en marcha deste medio agardamos mellorar a calidade da publicación e especialmente o alcance e distribución da mesma.
A edición dixital será completada cunha edición impresa anual elaborada a partir dunha selección de artigos xa publicados na web. Os subscritos/as a CERNA recibirán por correo postal o exemplar impreso e, por correo electrónico, as edicións dixitais.
Neste Formulario podes realizar a túa subscrición a CERNA e elixir a modalidade de pagamento.
Lembra que se te fas socio/a de ADEGA estarás subscrito/a a CERNA sen custo adicional. Asóciate premendo AQUÍ
Cuota da subscrición para non socios/as: 10€/ano.
Os campos marcados con * son obrigatorios