Páx. 18-19-20-21
Estamos a falar da especie máis conflictuosa da nosa fauna, do animal que provoca máis polémica; xera perdas económicas e, por tanto, odios, temores, resentimento, anguria... Ao mesmo tempo, e máis ben noutra xente, esta especia esperta admiración, respecto, curiosidade... A polémica, apaixonada, está servida.
Páx. 4
Na celebración dunha data como a do Día Mundial do Medio Ambiente, ante a situación de guerra que están a sufrir os pobos de Kosovo, Serbia e Montenegro, non podemos deixar de reivindicar a paz e denunciar non só o irreparábel desastre humano e ambiental senón tamén esa planificada operación de propaganda bélica que quere facer pasar por xenerosidade humanitaria o que non é máis que unha brutal irracionalidade militar da OTAN.
Páx. 5
A construción de impresionantes depósitos no peirao de Ferrazo para almacenar petróleo suscitou a alarma entre a veciñanza e xurdiu a Plataforma en defensa da Ría de Arousa, que está a cuestionar se iso é un progreso para a rexión.
Páx. 6-7
En xuño do ano pasado, baixo o lema En defensa da Terra, tivo lugar unha manifestación que xuntou en Santiago milleiros de persoas preocupadas polo deterioro do ambiente en todos os seus ámbitos.
Páx. 6-7
Laracha, un dos sete concellos que compoñen a fértil e fermosa Comarca de Bergantiños, está ameazado por políticas agresivas e polas múltiples formas de contaminación que ten que soportar, entre as que destaca a incineradora de aceites usados e residuos tóxicos e perigosos de Lendo.