Páx. 20
Com motivo da celebración do Dia da Terra (22 de abril) ADEGA organizou diversos actos (Lugo, A Coruña e Santiago) de denúncia do grave problema de eucaliptización.
Páx. 21
A importancia da Serra do Xistral-O Cadramón, tanto desde o ponto de vista ecolóxico (solo, fauna e flora) como científico e docente está fora de toda dúvida, tal como se desprende un extenso estudo realizado por investigadores da Universidade de Santiago, e tamén do artigo sobre as turbeiras da sección de habitat deste número.
Páx. 22
A Plataforma S.O.S. Courel ven desenrolando diversas actividades que tentan amosar unha imaxe do Courel en positivo que divulgue entre os escolares e o resto da sociedade a importáncia ecológica, social, histórica, cultural, etnográfica da Serra do Courel e faga un chamamento á sua protección.
Páx. 23
Sección Atualidade: dos días 4 ao 9 de maio o grupo Erva de Vigo organizou as Xornadas sobre a Conservación do Lobo, na Faculdade de Bioloxía da Universidade de Santiago. Os días 28 e 29 de marzo deste ano celebrouse no espacio natural denominado "Fervenza do Toxa" unha proba do Campionato de Mundo de Trial.
Páx. 24
Compre non pechar os ollos frente aos mecanismos de introducción do modelo industrial na nosa terra.
Páx. 24
Contra a perda da soberania alimentária dos povos, o Sindicato Labrego Galego, membro da Coordinadora Paisana Europea (CPE) e do movimento Via Campesina, celebrou o pasado 17 de abril por segundo ano o Dia Internacional da Loita Labrega.