Páx. 10-11
A densa e extensa rede fluvial galega é unha das máis interesantes de Europa. Porén, durante as últimas décadas está a sofrer un importante proceso de degradación que ainda non foi atallado.
Páx. 12-13
Os pteridófitos ou fentos son plantas con tecido vascular, que producen esporas, carecendo de sementes e de flores. Un exemplo que todo o mundo coñece é o fento macho, que ocupa enormes extensións na Galiza nos sotobosques dos cultivos florestais de eucalipto e piñeiro.
Páx. 14-15
A nogueira do país, Juglans regia, é unha espécie que presenta interese productivo pola súa valiosísima madeira e pola posibilidade de aproveitamento de froito. Este último aumenta a multifuncionalidade do monte, xa que o proprietario pode obter así un recurso económico anual independente da renda da madeira no momento da corta.
Páx. 16-17
Entrevista con Carlos del Alamo, Conselleiro de Meioambiente. Segundo o conselleiro, as organizacións ecoloxistas son un movimento importante que poden defender pontos de vista distintos, pero quen ten a lexitimidade para aplicar as políticas medioambientais é o governo refrendado polas urnas.
Páx. 18
Os viciños de Lesende (Lousame) criaron a Plataforma para a Defensa do Río Vilacoba co obxectivo de loitar pola recuperación do rio, estragado xa polos lixiviados dun vertedoiro incontrolado de lixo e os impactos dunha minicentral e dunha piscifactoria. Os viciños apoñen-se á concesión pola xunta dunha nova minicentral.